domingo, 20 de marzo de 2011

"Cuando los aviones se estrellaron contra las torres gemelas, que yo sepa, ninguna de las llamadas telefónicas de los que estaban abordo fueron de odio o venganza; todas fueron mensajes de amor."

miércoles, 16 de marzo de 2011

Stop.

Desaparecer,sería a palabra adecuada hoxe.Poucas horas de sono,un cansancio esaxerado,sen gana de nada e con ganas de meterme na cama e non despertar ata dentro duns meses.Si, ese sería o meu estado hoxe.Síntome en parte egoísta por dicir estas cousas sen pensar noutras persoas que están en peor situación ca min, pero bueno a maioría das persoas facemos e dicimos o mesmo, queixámonos sen máis.E si, a todo isto uno a miña bordería por cousas que probablemente tamen sonen egoístas pola miña parte,cousas que me afectan e non me gustaría que iso ocorrese.Quizais esteña volvendo todo á rutina e a min non me gusta, necesito cambios, necesito emocións fortes porque se non a miña vida pareceme demasiado aburrida,necesito algo que me de sentido e non me aburra diariamente,gústanme os cambios (non moi bruscos) pero que se noten.Quizáis sexa a hora de algún  pero tampouco teño moita ganas de pensar en cal.Si, tamen se podría definir como un dia de chuvia que tamén afecta ó estado das persoas e que fan volvernos un pouquiño máis apáticos.Durmir quizáis sexa a solución,o problema ocorre cando te metes na cama e non paras de pensar en todas as cousas que tes que facer,en todos os traballos,exames..e o peor de todo, esforzarse para nada,levarme decepción tras decepción..unido a perder a confianza en alguén importante, todo ten o seu límite e estou bastante cansa,non me gusta a mentira e a pérdida de confianza é o peor que hai, fai tres meses xa me ocorreu,souben perdoar e comezar de cero,pero a isto hai que engadirlle que son persoas totalmente opostas,xa non sei nin o que digo.Si, tamen hoxe sería o día no que Ana me levaría á praia,cun chocolate quentiño e pasaríamonos horas e horas falando de todo pero ó mesmo tempo de nada.Porque en certo modo nada é o que parece.